Deseño Gráfico

Sentimos paixón pola comunicación visual. Axudamos ós nosos clientes a xerar valor de marca por medio dunha linguaxe sinxela, conceptual e de vocación atemporal.

Pechar

Ver servizos

Ver servicios

Identidade visual 
Deseño editorial 
Sinalética e rotulación
Packaging
Tipografía 
Ilustración
Fotografía
Deseño de eventos
Consultoría de deseño 
Estratexia de marca
Logotipos
Naming 
Guías de estilo
Dirección de arte
Publicidade
Libros
Revistas
Catálogos de arte
Memorias anuais 
Infografías 
Iconas
Retoque
Papelería 
Displays
Pop-ups
Vinilos
Xestión de impresión
Servizos
Identidade visual 
Deseño editorial 
Sinalética e rotulación
Packaging 
Tipografía 
Ilustración 
Fotografía 
Deseño de eventos
Consultoría de deseño 
Estratexia de marca
Logotipos 
Naming 
Guías de estilo
Dirección de arte 
Publicidade
Libros
Revistas 
Catálogos de arte
Memorias anuais 
Infografías 
Iconas
Retoque
Papelería 
Displays
Pop-ups
Vinilos
Xestión de impresión

Arquitectura

Proporcionamos solucións sostibles e contextualizadas a tódalas escalas, así coma estratexias comunicativas aplicadas ó espazo.

Pechar

Ver servizos

Ver servicios

Rehabilitacións
Deseño de interiores
Edificios singulares
ITEs*
* Só para España
Reformas
Arquitectura efémera
Industrial
Regulación de expedientes*
Retail
Residencial
Paisaxismo
Informes técnicos*
Exposicións
Pública concurrencia
Plans de urbanismo
Licenzas e valoracións*
Servizos
Rehabilitacións
Deseño de interiores
Edificios singulares
Reformas
Arquitectura efémera
Industrial
Retail
Residencial
Paisaxismo
Exposicións
Pública concorrencia
Plans de urbanismo
Licenzas e valoracións*
Informes técnicos*
Regul. de expedientes*
ITEs*
* Só para España

Deseño Dixital

Deseño visual e interactividade enfocados a proporcionar ó usuario final a mellor das experiencias.
a

Pechar

Ver servizos

Ver servicios

Deseño Web 
Aplicacións Móbiles
UX/UI
Visualización 3D
Modelado
Animación 
Vídeo
Presentacións
Documentos interactivos
Servizos
Deseño Web 
Aplicacións Móbiles
UX/UI
Visualización 3D
Modelado
Animación 
Vídeo
Presentacións
Documentos interactivos

Proximamente...

Deseño de Produto

Sempre con mimo e a máxima atención no detalle. Concebimos produtos de filosofía artesanal e producímolos sacando o máximo proveito das novas tecnoloxías.

Pechar

Ver servizos

Ver servicios

Servizos
Mobiliario
Prototipos
Accesorios
Deseño de concepto
Customización
Mobiliario
Prototipos
Accesorios
Deseño de concepto
Customización

Proximamente...

Nova fronteira

BRANDING

Nova Fronteira Portada

FRANK

BRANDING

Branding Pablo Martínez

PABLO MARTÍNEZ

BRANDING

Branding Pablo Martínez

Somos 988, un estudio de deseño gráfico e arquitectura con sede en Ourense, dende onde traballamos con clientes de tódolos lugares e tamaños. Formamos un equipo multidisciplinar que a través da estratexia transforma pensamentos en comunicación e/ou espazos.
¿Podemos axudarche?

Presentación

MUSEO EN CASTROMAIOR

CONCURSO DE ARQUITECTURA

Museo en Castromaior

DEZ XEITOS DE DESTRUIR A TERRA

INFOGRAFÍA

Infografía 10 xeitos de destruir a Terra

VIVIR VILAMARÍN

BRANDING

Branding Vivir Vilamarín

988

BRANDING

Branding 988

LETHES

DESEÑO EDITORIAL

Proxecto Editorial Lethes 11

Encantados
de coñecerte

Somos un grupo de creativos e técnicos especializados en Deseño e Arquitectura, que comeza a súa actividade como colectivo no ano 2016.

Creamos conceptos icónicos a través da estratexia, implementando solucións sostibles, de alta calidade e enfocadas nas necesidades do usuario final.

A honestidade, a creatividade e as identidades culturais propias de cada proxecto reflíctense no noso xeito de traballar.

Entendemos o Deseño e a Cultura do Proxecto non só coma un sistema de pensamento para resolver problemas, senón tamén coma ferramentas que constrúen entendemento entre diferentes comunidades dentro do contexto global no que vivimos.

O noso estudio na Praza Maior

O que facemos...

Arquitectura, Deseño gráfico, de Produto e Dixital. Servímoscho todo xunto ou por separado.

Se estás creando unha empresa ou queres renovar a túa marca, é probable que precises adaptala ás diferentes plataformas e soportes (espacial, editorial, dixital...), o que esixe moitas veces ter que botar man de varios equipos e distintos proveedores.

Podemos axudarte a facer todo iso dende un único punto de xestión, co que aforrarás cartos e moito tempo. Somos especialistas en crear e resolver sistemas abertos de comunicación que aportan valor á túa marca e baseados nas necesidades do teu negocio.

Deseño e Arquitectura en Ourense

... facémolo con xeito:

Empatizando

O deseño resolve problemas. Comprender o contexto é a base. A observación, a análise e a investigación dende diversas perspectivas son fundamentais nesta fase do proceso.

Definindo

Pomos en común a información xerada, incluindo a túa visión, co fin de construir categorías e conceptos clave cos que crear unha narración que permita acoutar o problema e así identificar espazos de oportunidade.

ideando

A partires deste punto e unha vez canalizadas as intuicións, xeramos e refinamos ideas coas que construir un sistema estratéxico. 

Prototipando

Apoiándonos en datos reais, pomos a proba o sistema a través de prototipos evolutivos que usaremos como principal ferramenta de comunicación interna e que nos permitirán obter comentarios críticos pola túa parte.

Despregando

É o momento de definir solucións reais, sempre utilizando estándares de máxima calidade, coa que estamos obsesionados.

Evolucionando

Avaliamos os resultados finais. A información obtida permitirá seguir evolucionando o proxecto en caso de necesitalo e aportará coñecemento de cara a outros retos.

Para calquera cousiña,
aquí nos tes.

Andrés, Iago y Dani. El equipo de 988

Daniel Vila

Andrés Nóvoa

Iago Nóvoa

Daniel Vila

Andrés Nóvoa

Iago Nóvoa

back to topback to topback to top