Este proxecto parte da idea de abstracción das antigas agrupacións castrexas que evolucionan xeometricamente ata se converter nunha estrutura unitaria dominada interiormente pola luz indirecta e cenital.
O formigón, a pedra contemporánea, é o material elexido dende o primeiro momento polas súas posibilidades estruturais e pola súa capacidade formácea para se poder adaptar co tempo ó entorno.
Os diferentes espacios agrúpanse en función do seu uso, podéndose unir ou illar segundo as necesidades e permitindo a aparición de diferentes recorridos.
O vestíbulo e os espazos húmidos albérganse en estruturas lixeiras e independentes que contrastan en forma e cor coa xeometría do conxunto, salientando así espazos e conceptos.