Redeseño de marca para Pazo da Pena, hotel de luxo rural localizado na Ribeira Sacra.
Consérvanse a tipografía orixinal e a cor azul corporativa. Búscase establecer unha relación gráfica entre a arquitectura, o emprazamento e a imaxe a través dunha reinterpretación do escudo de armas.
A literalidade dos elementos máis representativos da contorna e a abstracción da ornamentación das forxas do Pazo, permiten crear un xogo de contrastes entre líneas e masas que equilibran a identidade visual final.