Proposta para o concurso de arquitectos novos Europan 15 ubicada na área madrileña da Arboleda.
Esta proposta ademáis de resolver unha problemática puntual de non lugar, parte da premisa que supón a necesidade de articularse, connotar e identifícarse co nivel territorial.
O obxectivo é establecer unha xeira de directrices programáticas que teñan como obxectivo aproveitar as inercias creadas pola sociedade de redes, fixando novas actividades que produzan sinerxias produtivas e de relación coas áreas circundantes e, ó mesmo tempo, dando solución as carencias programáticas da zona.
Aparecen como estratexias principais a consolidación do eixo de relación productivo - educativo - sanitario e a mellora no tránsito individual (aloxamento – traballo – ocio) coa conciliación familiar e a sostenibilidade coma factores clave a ter en conta no seu desenvolvemento.
O proceso da coma resultado a aparición dunhas funcionalidades concretas relacionadas coa área sanitaria e asistencial. Estas hibrídanse en torno a volumes integrados na topografía e espazos de desfrute abertos que articulan a área de intervención.
Unha proposta non só física, que aspira á integración e que apela directamente á experiencia activa do ciudadán, tanto a nivel comunicativo coma participativo.
Ademais da súa condición activa no intercambio beneficioso de gases coa atmosfera e a diminución no uso dos recursos acuáticos, a rexeneración do chan é a base para unha implementación eficiente dunha infraestrutura verde que permita contribuír máis activamente á rexeneración do aire e a baixada de temperaturas.
3 obxectivos principais: maximizar a efectividade do uso da auga e a súa reutilización, o uso de especies de baixa demanda para aforrar, contribuír á filtración e descontaminación natural e, por último, contribuír ao gasto mínimo de enerxía na súa distribución.
Xeración de áreas sombreadas, aumento dos graos de humidade exterior, orientación, filtrado e protección da luz solar, uso de teitos verdes e illamento efectivo dos edificios para contribuír ao aforro de enerxía e reducir as emisións.
Infraestrutura con sistemas de recolección limpos (especialmente solar e xeotérmica).
Edificios con consumo e emisións próximas a cero.
Uso de materiais de proximidade e construción con mínima pegada de carbono.
Fomentar o uso de peóns e vehículos autopropulsados tanto na área de acción como nas súas proximidades.
A estratexia verde implica a optimización do recurso acuático ao propoñer ciclos circulares de recolección, filtración e almacenamento, representados no seguinte diagrama. Priorizar os aforros activos e pasivos (uso de especies de baixa demanda e resistentes á seca), así como o uso eficiente da orografía do terreo para evitar sistemas de bombeo.
A base dunha boa estratexia para o ecosistema vexetal é garantir un bo chan permeable, que absorba ben a auga (o que afecta directamente ao seu aforro) e que fixe ben os cultivos.
A través dunha rede de composteiras distribuídas estratexicamente, os refugallos orgánicos producidos pola vexetación da área almacénanse para o seu uso como fertilizante natural.
Para os casos en que se requira o uso de vexetación e as condicións do chan impidan o seu saneamento, utilizaranse emendas para plantar terra e macetas se estas última tampouco son factibles.
Os entullos non deixan crecer a vexetación.
Especies como o trevo proporcionan nutrientes e fixan nitróxeno ao chan
Materia orgánicas (cortiza de piñeiro, cortiza de madeira triturada, agullas de piñeiro, cascas de améndoa e palla).
Inorgánicos (grava, marmolina, terra volcánica).
Melloran o reforzo e agarre dos terreos.