ORETA

Branding e deseño web

Desenvolvemento da identidade corporativa da destilería Oreta, situada na Ribeira Sacra.

Escóllese para articular o imagotipo da marca principal a figura do rosetón prerrománico, moi característico na arquitectura sacra da zona. A marca principal actuará como marca paraugas dunha serie de submarcas.

A imaxe das novas submarcas habitualmente apóianse en interpretacións da tradición e elementos culturais da zona, sen perder de vista a quen van dirixidas.