multiusos
en leirado

Equipamento público

A demanda obedece á necesidade de crear un espazo público, representativo e aberto co fin de acoller actividades lúdicas diversas e variables no tempo. Para resolvela deséñase unha estratexia de actuación baseado na maximización de recursos, debido ao axustado orzamento, acorde á escala do concello.

A preexistencia, unha estrutura reticular de formigón exenta e moi deteriorada, invitaba a resolver o programa mediante unha peza sinxela que recollese as comunicacións, ocultase alicerces e artellase do seu redor un espazo deambulatorio diáfano, flexible e modulable en ambos andares.

Nun entorno de linguaxes e volumetrías desordenadas, procuramos unha solución que dialogase cos poucos elementos aínda existentes da arquitectura doméstica tradicional a través das lóxicas construtivas e xeométricas e dos cromatismos. O resultado é unha peza composta por dous volumes a dúas augas e ocos irregulares que definen a identidade e carácter do proxecto.

1
2
3
1. Espacio multifuncional 1
2. Almacén
3. Aseos
4. Espacio multifuncional 2
5. Salón de actos
5
4